Pages

luns, 29 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO 2013

Un curso máis celebramos o DÍA DO LIBRO no CEIP Carlos Casares. Esta festa das letras vense celebrando cada curso co patrocinio do Equipo da Biblioteca. Non hai que esquecer  o traballo de todo o profesorado e persoal non docente: cada un colabora na medida das súas posibilidades e dispoñebilidade.
Coma non podía ser doutra maneira, a celebración cumpriu todo o protocolo de festa: verbas do director, música e homenaxe a unha escritora da Limia: Concha Rousía.http://republicadarousia.blogspot.com.es/
 
E, coma non podía faltar, sumouse a mascota da BIBLIOTECA: o PATACONTOS!!!
Logo a festa foi por barrios e houbo para todos os gustos: cantacontos, globoflexia, contacontos, obradoiros artesáns....
Un curso máis, o LIBRO, ese grande amigo que sempre nos acompaña, que nunca nos deixa de lado, tivo o seu día.
Aquí tedes pequenos anacos da celebración.
Que no vindeiro curso "Polo abril, libros mil"!!!











Un elemento moi importante á hora de ler é o marcapáxinas ou punto de lectura. PATACONTOS foi o protagonista este ano:
Seguiremos contándovos como foi a festa!!!
 
 

mércores, 24 de abril de 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO


martes, 23 de abril de 2013

Páxina oficial de ROBERTO VIDAL BOLAÑO http://robertovidalbolano.org/
O actor.

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Ímos coñecendo ao personaxe...