Pages

venres, 29 de xaneiro de 2016

Hoxe celebramos o día da Paz no colexio. Primeiro decoramos as paredes cun muro pola paz, con frases e ditos alusivos ao día, despois fixemos unha carreira de relevos por unha aperta e por último cantamos todos xuntos a canción "Que vivan a paz e o amor!"(podédela escoitar na web do colexio http://www.edu.xunta.es/centros/ceipcarloscasaresxinzo/)



















luns, 25 de xaneiro de 2016

No cole xa estamos cos preparativos do día da Paz. Estades listos?


mércores, 20 de xaneiro de 2016

Arranca o I Concurso de fotografía do entroido, animádevos a participar!


 O ENDL do CEIP Carlos Casares convoca o I Concurso de fotografía do Entroido na Limia coas seguintes bases:
Tema: O Entroido na Limia
Destinatarios: Toda a comunidade educativa: alumnado, nais, pais, profesorado, persoal non docente.
Formato: As fotos presentaranse con pé de imaxe en galego ensalzando o Entroido(versos,slogan,prosa...) coladas sobre cartolina. Todas levarán o nome do autor/a. No caso de pais/nais levarán tamén o nome e curso do fillo/a.
Xurado: Estará composto por: 1 Profesor do equipo de ENDL, 1 membro do equipo directivo e 1 membro do persoal non docente.
Haberá agasallos para as 3 mellores.
As fotografias exporanse no centro e na web do colexio así coma no blog do equipo de ENDL “A Língua da lagoa”


Data límite de entrega: Luns 29 de Febreiro







xoves, 14 de xaneiro de 2016

No colexio empregamos ferramentas TIC nas nosas tarefas diarias:
Dicionario en liña: Digalego.xunta.gal para consultar de o dicionario en liña, no que podemos atopar a equivalencia das verbas en sete linguas: castelán, portugués, inglés, francés, italiano, chinés e alemán, así como ver sinónimos e antónimos.
Tradutor automático de textos e páxinas web: Tradutor Gaio permite facer traducións entre galego e castelán en ambos sentidos, ao igual que noutras linguas como portugués, inglés, francés ou catalán.


mércores, 13 de xaneiro de 2016

ARREDOR DE MANUEL MARÍA: Co gallo de que, no 2016, as Letras Galegas se ded...

ARREDOR DE MANUEL MARÍA: Co gallo de que, no 2016, as Letras Galegas se ded...: Co gallo de que, no 2016, as Letras Galegas se dedican a Manuel María , o EDNLG decidiu poñer en marcha esta bitácora coa que pretendemos ...

xoves, 7 de xaneiro de 2016

Xa estamos de volta! deixamos aquí as tarxetas que foron premiadas no concurso de Nadal e ánimo a todos neste novo trimestre!

Educación Infantil

Pablo 5º infantil B




Emma infantil 6ºA

Primaria

1º B Tania

2ºB Sara

3ºA Saray



4ºB José Ángel

5ºA  Rubén



6ºA Borja



Na web do colexio podedes ver unha presentación do resumo do festival.