Pages

xoves, 26 de febreiro de 2015

Así rematamos a celebración do día de Rosalía de Castro coa elaboración  deste mural por parte dos alumn@s de 3º de Educación Primaria.

mércores, 25 de febreiro de 2015

CARTEL DO ENTROIDO 2015

Os nen@s  de Infantil participamos no concurso do cartel do Entroido 2015.




venres, 20 de febreiro de 2015

Os nen@s de Infantil do cole, celebramos o ciclo do entroido limian. Comezamos co luns fareleiro, no que fixemos unha auténtica "guerra" con confetti. Seguimos co oleiro, tirando as nosas propias olas. O terceiro luns que celebramos foi o corredoiro, no que as Pantallas tiñan que facer cumplir as normas do entroido e coller a todos aqueles que estiveran sen disfrazar, para logo tomar uns "viños". O xoves enterramos a sardiña con gran pena xa que o entroido está a piques de rematar. Ainda nos falta unha última festa, o luns de piñata.