venres, 20 de febreiro de 2015
Os nen@s de Infantil do cole, celebramos o ciclo do entroido limian. Comezamos co luns fareleiro, no que fixemos unha auténtica "guerra" con confetti.
Seguimos co oleiro, tirando as nosas propias olas. O terceiro luns que celebramos foi o corredoiro, no que as Pantallas tiñan que facer cumplir as normas do entroido e coller a todos aqueles que estiveran sen disfrazar, para logo tomar uns "viños".
O xoves enterramos a sardiña con gran pena xa que o entroido está a piques de rematar.
Ainda nos falta unha última festa, o luns de piñata.
0 comentarios:
Publicar un comentario