Pages

domingo, 24 de febreiro de 2019

24 de FEBREIRO "DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO"


O día 24 de febreiro é o día da nosa gran poetisa " Rosalia de Castro", por iso durante toda a semana, os alumnos do Ceip Carlos Casares realizaron diversas actividades para festexar este día: pintaron retratos de Rosalía, escribiron algúns dos seus poemas, fixeron caretas, etc.
Ademais organizamos unha actividade na Biblioteca do Centro para que os alumnos de Educación Infantil e os de 1º curso de primaria, coñeceran un pouco mais sobre a vida de Rosalía, e visionaran un video de Os Bolechas sobre Rosalía de Castro. Para finalizar disfrutaron cun video no que se recitaban poemas da autora.

Ademais os alumnos de 6º curso de primaria pasaron por todas as aulas de primaria para contarlles aos seus compañeiros  a vida e obra de Rosalía de Castro, e para recitarlles o poema "Meniñas" e así homenaxear a autora.








0 comentarios:

Publicar un comentario